miércoles, 5 de enero de 2011

Por un prato de comida

Unha muller de pouco máis de 21 anos, cunha nena duns cinco revolve no lixo. Mete a cabeza en todos e cada un dos grandes contentores a procura de comida, mesmo roupa.

Sorpréndeme o da roupa. Ólloa de esguello. Parece rumana. É moi bonita pero está un pouco magra. A nena tamén está magra e por debaixo do percentil ese do que tanto falan os pais novos, é máis que evidente.

Xa non me sorprende ver xenté revolvendo no lixo pero a imaxe desta moza coa súa nena magóame máis do habitual.

Nun supermercado próximo as rapazas envolven ben a carne e os alimentos frescos que retiran dos lineais caducados ou a piques de caducar cando os botan ao lixo para que os vellos ou non tan vellos que frecuentan este improvisado banco de alimentos os poidan aproveitar.

O mellor dia é o sábado. O peixe vai todo fora. Mesmo os hai que agardan a que elas marchen para comenzar a procura, enfundando as máns nuns guantes de lavar a louza, talla XL.

O contentor que usan é o maior banco de alimentos improvisado dun barrio que pasa por ser medio-alto.

Algúns dos meus amigos pensan que esaxero. Desafiolles para co verifiquen cando queiran.

Non é unha consecuencia da crise. Coincidín con eles varias veces nestes últimos cinco anos.

Algunhas caras mudan, vexo máis mozos, máis emigrantes pero tamén españois. Organízanse entre eles, partillan...Aínda non vín trifulcas.

Non podo facer como se non estivera a pasar o que teño diante dos ollos como observo fan moitos veciños, pero cando eles miran para min, como xa me aconteceu nalgunha ocasión, tento transmitirlles todo o meu respeto e facerlles chegar, ollos nos ollos, que non os vexo parte do mobiliario urbán.

E que loitar por un prato de comida, traballando ou revolvendo no lixo, é igualmente digno.

No hay comentarios:

Publicar un comentario