domingo, 26 de abril de 2015

A sete dias dos 50.

Xa está ahí. A sete días de cumplir os 50 estou ben, tranquila, nada depre, mesmo deixando tras de mi a década numero 4, a mellor sen dubida. Acho que a mellor época para as mulleres, liberadas xa dos complexos da xuventude, das inseguridades, dos problemas de autoestima inoculados durante anos ( pode que neste senso as cousas non estexan precisamente indo a mellor...A difícil vara de medir e xulgar as mulleres).

Ao borde dos 50 non son o que pretendía. Non traballo en algo relacionado coa linguaxe; non me sobra o diñeiro, sí que me sobran uns kilos....pero teño perto xente que me quere ben. E iso, xente, importa moito mais que metas absurdas. Cos anos unha aprende que hai ramas que teñen que ser cortadas, porque son duros lastres. Que a xente que a unha non a quere ben hai que mantela a distancia, da igual a proximidade, o sangue, o tipo de relación.... Que aquí non vimos a sufrir, que hai que ser feliz, un traballon, mas paga a pena.

Aprendin que todo pasa. O malo pasa. Que a dor ensina moito. A felicidade nada. Pero cando ven unha boa onda hai que surfeala. Que hai que aceitar que xente que se quere decide por fin a sua vida, procurando que non se convirta nunha historia épica (o suicidio segue a ser a primeira causa de morte, non se fala disto para non darnos ideas).

Veñan xa os 50. Procuro no google cincuentonas famosas. Mónica belluci, Jessica Lange, Andie Macdowell...Unhas diosas, sí.... Pero a miña nai con pouco mais que 50 chamou a atención do meu primeiro novio serio. Con quince. Olla qué pernas ten esa madurita!!!! Estiven zangada con él días.
Non sei se conseguirei manter tan alto o pabellón pero veñan xa os 50!!! Ata aquí chegamos e iso non e pouco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario