lunes, 9 de noviembre de 2015

Desconcertados.




1.-Chámame dende o pobo no que pasa o fin de semana cos seus pais. O lugar é bucólico e relaxante pero a súa estadía non tanto. Sempre pensou moito na morte. Agora máis. A súa nai desaparece diante dos seus ollos. A que ela coñecia. Aliás, renova o meu medo aos procesos dexenerativos neurolóxicos. Ocorre que un acaba por aceptar o que lle toca e trata de vivir con normalidade situacións que narradas poden resultar chocantes.

2.-Faloume un amigo porque saira nun xornal. E por qué? Pensaba eu nunha fazaña ou nun motivo de celebración. Alí estaba a súa história contada de xeito anónimo. Linna narrada con toda a súa crudeza e reparei en que nós non a vivimos así. Ollamos cara o futuro con esperanza, as veces desexando que chegue ou querendo ver a través dun burato as persoas afectadas para respirar fondo e dicer, os danos foron reparados.

3.-Aprende da súa xente a gardar e calar. Non me gusta. Sempre chega un mes do ano no que vai a miña procura para vivi-lo seu luto, e destripar e comprender o sinsentido da morte. Quedo a pensar moito nas cousas que me conta. Procuroa e observoa máis que nunca. Retorce as máns de máis, chisca moito ambólos dous ollos. Mesmo escoito reacións que non van con ela. Tento prestar atención aos sinais e agardo con esperanza que saiba aceitarse con todo o de bó que tén, e vaia descartando o que non é seu. Que se atreva a ser quén ela é e a quererse. A desterra-los medos, os prexuizos máis contaminantes; a non xulgar. Mesmo a ser xusta co seu entorno. Engánome moito falando con ela. As veces o brillo da súa intelixencia faime esquecer que é unha muller moi nova.

4.-Decidimos que non queriamos pensar máis. Nun momento chave da vida das dúas. Non acordamos o pacto. Cando nos encontramos falamos dunha decisión balsámica. Prefiro non pensar ou prefiro non saber. Viviamos momentos de cambios bruscos, non buscados.

5.- Hai amigos que queres moito mesmo cando non consigues entender as súas reacións, dende a primeira a última. Sabes que eles tamén te aprecian e tentas tender pontes, comunicar...Sempre é difícil, complicado. Como se non falaramos a mesma lingua. Frustrante para os dous. Pervive o cariño pero os malentendidos son constantes. Procuro dicionarios de emocións e de silencios para tentar achegarnos, entendernos. Pervive a admiración, a miña. Ninguén ten unha paciencia infinita.  Tento quedarme cos feitos máis que coas palabras, iso tan complicado. E agardo coa mellor disposición.

6.- Chegou o momento decisivo de decirlle certas verdades. Cada ún é responsable das súas decisións, da vida que lle toca en sorte, da que un consegue construir na edade adulta. Non importan os principios nen os finais, importa manter sempre a luta, a resistencia psicolóxica. E voltarse a erguer cando un cae. Unha e outra vez se for preciso. O máis importante pode que sexa non deixarse vencer. Percibir ese momento de debilidade e atrincherarse para fortalecerse, co que cada un precise.
El o sabe. O practicou sempre. Pero está a deixarse vencer. Fartazgo, medo, algunha nova decepción vital, das que entrañan crecer. "Caerse de tódalas polas. Faltábante algunhas. Non é certo?".
Ollos nos ollos, tírolle da man e lle pido o de sempre, tira de ti. Só podes contar contigo. Tamén comigo pero non son ti. Está a tomar baño, a peitearse e arranxarse. Unha primeira victoria. Sei que non será a última.