domingo, 8 de marzo de 2015

INVOLUCION

Qué lles  pasou a algunhas nais da miña xeración e da seguinte que apostaron pola cor de rosa e o mundo das princesas disney para as súas fillas como se fosen Nancys? Sí, é certo. Eu non teño fillos.

Me consta que moitas desas nenas apostaron pola cursilería como resposta a nais que reaxían tamén contra da súa propia educación. "Nen perlés, nen laciños, nen ostias. A miña filla será unisex".

Aínda non sabemos que vai sair desa xeración de nenas cor de rosa, que gostan de levar variñas máxicas e soñan con príncipes que as desposen. Eu non son derrotista porque vin cambios brutais na adolescencia de tant@s!!! Temos motivos para a esperanza.

E qué lles pasa a ALGÚNS  homes da miña xeración e das seguintes que cando as súas mozas comezan a salientar polas súas capacidades profesionais, pola súa intelixencia,  se sinten ameazados, as atacan sen piedade e acaban por ser os seus peores críticos? Qué lles pasa que non son capaces de ver de igual a igual a muller coa que se relacionan? Por qué tantas veces é necesario que saquen o bastón de mando, a mala ostia, como se fosen as súas nais e eles uns nenos de 8 anos para que non se lles suban a chepa?

Por qué as mulleres conseguimos con  moita máis facilidade deixar atrás o noso marchamo educacional e evoluir fronte ALGÚNS  homes que non  hai maneira de que saian do seu cómodo lugar no eido doméstico? Por qué sigue pendente a revolución masculina?

Qué nos pasa a nós, as propias mulleres, cando tantas veces somos as peores enemigas dunha ou varias mulleres? Cando somos as primeiras machistas repugnantes?

Qué acontece con ALGÚNS  homes cando os divorcian ou separan que fan ese tránsito do particular ao xeral, se instalan nese odio a tódalas mulleres, e fan diso unha causa? Xa sabemos que a ruptura da sociedade conxugal supón un empobrecemento...para tod@s!!

Por qué NALGUNHAS familias se continúa a tratar dun xeito tan hipercrítico às fillas fronte aos fillos? Por qué se continúa a facer socialmente cando medran?

Por qué cando unha muller quere ter a súa propia voz, unha voz diferente do papel tradicional se lle poñen todo tipo de trabas? Por qué tanto se fala de respeto a diferenza e se exercita tan pouco?

Por qué a  homosexualidade que máis se visibiliza é a masculina?


Por qué aínda se pensa cun home pode facer co seu corpo e a súa sexualidade o que lle pareza e unha muller ten que escoitar de todo, mesmo DALGÚNS que se chaman liberados a sí mesmos?

Por qué as miñas amigas guapas cando só pretenden ser simpáticas con ALGÚNS compañeiros ou coñecidos son acusadas de buscar plan?

Por qué non é delito cunha muller cobre menos cun home na mesma categoría profesional e facendo o mesmo traballo, se ben mirado e discriminatorio e anti constitucional?

Por qué o desemprego se ceba máis coas mulleres?

Por qué se pensa automáticamente nunha muller para coidar nen@s, discapacitad@s, maiores, para labores domésticas?

Por qué cando unha muller vai ver un médico para queixarse dunha dor inespecífica tantas veces se pensa en depresion ou ansiedade sen facer máis probas? 

Por qué as mozas que xa teñen os mellores expedientes académicos non copan os postos de maior responsabilidade?

Por qué se penaliza laboralmente as mulleres con fillos?

Por qué ALGUNHAS mulleres novas te falan de situacións que mudaron pouco o nada 30 anos despois?

Por qué se nos educa na competición  en lugar de na solidariedade?

Por qué para ser feliz unha muller ten que aprender a non prestar ouvidos nen discutir evidencias?

Por qué ALGUNS maridos controlan os movimentos das contas bancarias das suas mulleres? Por qué llo permiten?

Por qué candó ALGUNS homes fan unha asneira ao volante e teñen unha muller perto a culpabilizan? E por qué se a muller conductora se engana lle gritan puta, zorra, etc, etc?

Por qué se tolera ainda e tanto o maltrato psicolóxico as mulleres?

Por qué se nos tortura coa delgadez, a boa apariencia, os signos da idade...?



POR QUÉ SE ESTÁ A INVOLUCIONAR E ESTAMOS A SER MÁIS MACHISTAS?